Quen somos

GALICIA BILINGÜE é unha asociación sen ánimo de lucro, apartidista e independente, cuxo fin primordial é lograr para os cidadáns de Galicia os mesmos dereitos lingüísticos que desfrutan os cidadáns das democracias con máis dunha lingua oficial, é dicir: elección de lingua vehicular no ensino, bilingüismo na Administración pública, que non se prime o coñecemento dunha determinada lingua á competencia profesional e poñer fin ao adoutrinamento nacionalista no ensino.

Somos persoas de todas as idades, sobre todo con fillos en idade escolar, pero tamén cidadáns de diversas franxas de idade que amamos a liberdade, a tolerancia e o respecto aos principios democráticos. A maioría vivimos en Galicia aínda que tamén hai socios e simpatizantes de diversos lugares do resto de España e españois residentes noutros países que desexan o remate da imposición dunha lingua.
Non lle preguntamos a ninguén se é de dereitas ou de esquerdas, abstencionista ou se vota en branco para unirse a nós. Chéganos con que crea nas nosas propostas. En esencia, que crea na democracia e nos dereitos individuais.

Galicia Bilingüe foi inscrita no rexistro de asociacións de ámbito galego en xullo de 2007 e a súa asamblea anual informativa e de presentación de contas celébrase en Santiago de Compostela; nela teñen voz e voto os socios de GB. En febreiro de 2009 GB presentou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia as sinaturas de 100.000 cidadáns residentes en Galicia que apoiaban as nosas propostas. Moitos deles quixeron participar dun xeito máis directo. Son milleiros de colaboradores e simpatizantes que nos axudan nas nosas campañas e reciben información periódica e asesoramento legal por parte da asociación para facer valer os seus dereitos lingüísticos.

Galicia Bilingüe finánciase única e exclusivamente coas cotas dos seus socios e as aportacións voluntarias dos seus simpatizantes e colaboradores. Ningún membro da asociación recibe remuneración ou compensación económica algunha polo traballo que desenvolve en GB. Galicia Bilingüe non recibiu xamáis aportación algunha de organismos oficiais nin directa nin indirectamente. Estamos fóra do circuito das subvencións e non temos intención de modificar esta actitude, xa que nos parece que con iso gañamos en independencia. Prescindimos de gastos superfluos, non temos locais e, malia que existe un grupo de traballo moi activo de xeito permanente, foi medrando o número de persoas que aportan o seu tempo ou os seus coñecementos ao ritmo que desexan. Os nosos ingresos destínanse a sufragaren as campañas de información e sobrer todo neste intre a custearen os procesos xudiciais iniciados contra a Administración por vulneración de dereitos lingüísiticos

Sacar adiante este proxecto non ten sido sinxelo. En canto comezamos a nosa andaina, certos sectores tentaron calar a nosa voz, quizás porque creron que poriamos en perigo algúns dos seus privilexios, principalmente partidos políticos e plataformas ou colectivos vencellados a eses partidos que cren que a imposición lingüísitica beneficia a consecución dos seus obxectivos. Os máis activos receben subvencións por promocionaren a chamada “normalización lingüísitica”. Outro sector moi belixerante contra nós atópase entre a cultura monolingüe, sobre todo entre o sector editorial e máis o audiovisual.

Situación dos dereitos lingüísticos en Galicia

Dende que Galicia Bilingüe comezou o seu labor en 2007, conseguimos frear a imposición lingüística, que tanto medrara durante o período do goberno socialista-nacionalista, pero aínda queda moito por facer. Os compromisos asumidos por Nuñez Feijóo só se levaron á práctica de forma moi tímida, e o labor de dotar á sociedade de argumentos baseados no dereito comparado, despois de 30 anos de manipulación nacionalista, de falsificación da Historia, de terxiversación do contido de tratados internacionais, e cun sector cultural afín ao nacionalismo que obten grandes beneficios e privilexios gracias á chamada normalización lingüística, é inxente.
1. No eido do ensino, na etapa de Infantil non se respecta o dereito individual a recibir o ensino en lingua materna, un dereito recoñecido mesmo na Lei de Normalización Lingüística de Galicia.
2. En Primaria e na ESO aos alumnos obrígaselles a estudar en galego as materias con máis texto, tales como Coñecemento do medio, Historia, Xeografía, Ciencias Naturais ou Bioloxía. O Conselleiro de Educación explicou que se fixo así porque o contrario tería maior rexeitamento no eido nacionalista, dado o peso lingüístico desas asignaturas. Pódense estudar en español segundo o Decreto, Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía. Ningún estudante pode estudar por lei en lingua materna ou na lingua da súa escolla como fora prometido.
3. Este Decreto soamente se cumpre de xeito xeralizado nos colexios concertados. Nos centros públicos, excepto nos da cidade da Coruña, o incumprimiento é bastante frecuente. 4.500 profesores manifestaron por escrito á Xunta no seu día, que non ían impartir as súas materias en español, de maneira que moitos alumnos non poden recibir o ensino de ningunha materia neste idioma malia que así o desexen. Galicia Bilingüe ten denunciado casos concretos de incumprimento, pero ata o de agora, a Xunta non sancionou a ningún profesor, e soamente proporcionou axuda a aquelas familias que solicitaron un traslado de centro.
4. Aos alumnos permíteselles, de facto, utilizar os libros de texto en galego para todas as asignaturas, pero en español, soamente os de materias asignadas a este idioma. Galicia Bilingüe conseguira que a Xunta plasmase no borrador do Decreto a liberdade de lingua no uso dos libros de texto, pero despois dunha xuntanza coa Asociación de Editores de Galicia, o goberno de Feijóo cambiuó de opinión. Os editores que publican libros de texto en galego teñen así aseguradas as súas vendas e as subvencións que reciben por publicar en galego.
5. O adoutrinamento nacionalista no ensino foi en aumento dende a chegada do partido Popular de Galicia á Xunta. Galicia Bilingüe traballa de maneira prioritaria, para evitalo, neste ámbito.
6. Conseguimos que a administración da Xunta estea deixando de ser exclusivamente monolingüe en galego, pero algunhas Consellerías, como a de Educación e Cultura, resístense a abandonar o monolingüismo. Nos concellos, seguen en vigor normativas contrarias á doctrina do Tribunal Constitucional. Galicia Bilingüe ten aberto neste momento un proceso xudicial contra o Concello de Lugo, e o mesmo concello está a descatarse do ilegal da súa política lingúística e comezou a dar pasos cara ao bilingüismo, publicando una nova edición da súa web en formato bilingüe. Por outra banda, a Xunta preparara un proxecto de Lei de toponimia que supoñía un aberrante exemplo de imposición de lingua e unha inaceptable intromisión no eido privado, pero retirouno ante as protestas de Galicia Bilingüe.
7. Dende a chegada de Feijóo á Xunta concedéronse máis de mil millóns de euros en subvencións a empresas, investigadores e particulares condicionadas ao uso do galego.
8. Soamente se subvenciona a cultura 
en lingua galega, xa sexa no eido literario, audiovisual, ou de cualquera creación artística.
9. O programa “A Xuventude crea”, posto en marcha pola Xunta para axudar a xóvenes creadores galegos, exclúe das axudas a aqueles que utilicen o español.
10. As salas privadas só poden contratar a través da Rede de teatros e auditorios de Galicia a compañías interpreten as súas obras en galego, xa que o 100% do que se represente nelas debe estar neste idioma. No caso das públicas, a porcentaxe debe ser polo menos do 75%, de xeito que as compañías xa saben en que idioma convén preparar o seu repertorio.