Que queremos acadar

Queremos promover e apoiar a conservación e difusión do patrimonio cultural e paisaxístico de Galicia

Queremos promover e apoiar a creación cultural nas dúas linguas de Galicia con especial atención aos novos creadores

Queremos o mesmo do que disfrutan os cidadáns que viven nas democracias con máis dunha lingua oficial en parte do seu territorio.

Queremos que se poida elixir a lingua vehicular no ensino, estudando a outra lingua como asignatura

Queremos unha educación libre de adoctrinamento ideolóxico e partidista

Queremos que se ensine o galego como unha das nosas dúas linguas, sen ideoloxía, sen tentar cambiar o idioma dos nenos, sen promocionar a grupos radicais.

Queremos que a administración: Xunta Diputacións e consellos  ofrezan a información e a documentación en formato bilingüe.

Queremos que as subvencións públicas aos cidadáns se concedan en Galicia independentemente da lingua empregada

Queremos que se abra a cultura aos creadores en ambas as dúas linguas.

Situación dos dereitos lingüísticos en Galicia

Dende que Galicia Bilingüe comezou o seu labor en 2007, conseguíuse frear a imposición lingüística, que se desbocara durante o período del goberno nacionalista-socialista, pero aínda queda moito por facer. Os compromisos de Núñez Feijóo soamente se levaron á práctica de maneira moi tímida, e o labor de dotar á sociedade de argumentos baseados no dereito comparado, despois de 30 anos de manipulación nacionalista, de falsificación da Historia, de terxiversación do contenido de tratados internacionais, e con un sector cultural afín ao nacionalismo que obtén sustanciosos beneficios e privilexios da normalización lingüística, é inxente

1. No eido educativo, na etapa de Infantil non se respecta o dereito individual a recibir o ensino en lingua materna, un dereito recoñecido mesmo na Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

2. En Primaria e ESO os alumnos son obrigados a estudar en galego as materias con máis texto, como Coñecemento do medio, Historia, Xeografía, Ciencias Naturais ou Bioloxía. O Conselleiro de Educación explicou que se fixo así porque o contrario tería maior rexeitamento no eido nacionalista, dado o peso lingüístico desas materias. Pódense estudar en español segundo o Decreto, Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía.

3. Este Decreto soamente se cumpre de xeito xeralizado nos colexios concertados. Nos centros públicos, agás nos da cidade da Coruña, o incumprimento é bastante frecuente. 4.500 profesores manifestáronlle por escrito á Xunta que non impartirían as súas materias en español, de xeito que moitos alumnos non poden recibir o ensino de ningunha asignatura en español aínda que así o desexen. Galicia Bilingüe denunciou casos concretos de incumprimento, pero ata o de agora, a Xunta non sancionou a ningún profesor e tan só lles proporciou axuda a aquelas familias que solicitaron un traslado de centro.

4.Aos alumnos se lles permite, de facto, utilizar os libros de texto en galego para todas las materias, pero en español tan só os de materias asignadas a este idioma. Galicia Bilingüe lograra que la Xunta plasmara no borrador do Decreto a liberdade de lingua nos libros de texto, pero despois dunha xuntanza coa Asociación de Editores de Galicia, o goberno de Feijóo mudou de opinión. Os editores que publican libros de texto só en galego teñen así aseguradas as súas vendas e as subvencións que reciben por publicar en galego.

5. O adoutrinamento nacionalista no ensino foi a máis dende a chegada do partido Popular de Galicia á Xunta. Galicia Bilingüe está traballando de maneira prioritaria neste ámbito. Xa logramos algúns avances neste senso e agardamos mellorar sustancialmente a situación.

6. A administración da Xunta está deixando de ser exclusivamente monolingüe en galego, pero algunhas Consellerías, como a de Educación e Cultura, son reacias a abandonar o monolingüismo. En canto aos concellos, seguen en vigor normativas contrarias á doutrina do Tribunal Constitucional. Galicia Bilingüe ten aberto neste momento un proceso contra o Concello de Lugo. A Xunta elaborara un proxecto de lei de toponimia que supoñía un aberrante exemplo de imposición de lingua e unha inaceptable intromisión no eido privado, pero retirouno ante as protestas de Galicia Bilingüe.

7. Dende a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta concedéronse máis de mil millóns de euros en subvencións a empresas, investigadores e particulares condicionadas ao uso do galego.

8. Só se subvenciona a cultura en galego, xa sexa para crear literatura, producción audiovisual, ou calquera creación artística.

9. O programa A Xuventude crea, posto en marcha para axudar a xóvenes creadores galegos exclúe das axudas a aqueles que utilicen o español.

10. As salas privadas só poden contratar a través da Rede de teatros e auditorios de Galicia a compañías interpreten as súas obras en galego, xa que o 100% do que se represente en elas debe estar en este idioma. No caso das públicas a porcentaxe debe ser polo menos do 75%, polo que as compañías xa saben en qué idioma lles convén que prepararen o seu repertorio